Política de Privacidade

Datos de identificación

1. Vostede está visitando a páxina web www.querocantar.gal titularidade de Fabaloba s. coop. galega, con domicilio social en Travesía Luís Varela Curvera, 4. 15145 Caión-A Laracha (A Coruña),  de agora en diante A TITULAR.

Pode contactar coa TITULAR por calquera dos seguintes medios:

Teléfono: 610 908 419

Correo electrónico de contacto: querocantar@querocantar.gal.

Hospedaxe web

1and1 España

Teléfono: 91 136 0000

E-mail: info@1and1.com

Persoas usuarias

2. Estas condicións (de agora en diante Aviso Legal) teñen por finalidade regular o uso da páxina web da TITULAR que pon ao dispor do público.

O acceso e/ou uso desta páxina web atribúe a condición de PERSOA USUARIA, que acepta, desde ese acceso e/ou uso, as condicións xerais de uso aquí recollidas. As citadas condicións serán de aplicación independentemente das condicións xerais de contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.

Uso do portal

3. www.querocantar.gal proporciona o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (de agora en diante, “os contidos”) en Internet pertencentes á TITULAR ou aos seus licenciantes aos que a PERSOA USUARIA pode ter acceso.

A persoa usuaria asume a responsabilidade do uso do portal. Esta responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. Nese rexistro a PERSOA USUARIA será responsable de achegar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, á PERSOA USUARIA pódeselle proporcionar un contrasinal do que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial del.

A PERSOA USUARIA comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos (por exemplo servizos de parola, foros de discusión ou grupos de novas) que a PERSOA TITULAR ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para:

Incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública.
Difundir contidos ou propaganda racista, xenófoba, pornográfica, de apoloxía do terrorismo ou atentatoria contra os dereitos humanos.
Provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de QUERO CANTAR, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outro sistemas físico ou lóxico que sexa susceptible de provocar os danos anteriormente mencionados.
Intentar acceder e, de ser o caso, utilizar as contas de correo electrónico doutras persoas usuarias e modificar ou manipular as súas mensaxes.
Utilizar o sitio web ou as informacións que nel se conteñen con fins comerciais, políticos, publicitarios ou para calquera uso comercial, sobre todo no envío de correos electrónicos non solicitados.
A TITULAR resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguranza pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen acaídos para a súa publicación. En calquera caso, A TITULAR non ha ser responsable das opinións manifestadas polas persoas usuarias a través dos foros, parolas e outras ferramentas de participación.

Protección de datos

4. Todo o relativo á política de protección de datos está recollido no documento de política de privacidade.

Contidos. Propiedade intelectual e industrial

5. A TITULAR é propietaria de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos nela (a título enunciativo: imaxes, fotografías, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso etc.), titularidade da TITULAR ou ben dos seus licenciantes.

Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de propiedade intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización da TITULAR.

Exclusión de garantías e responsabilidade

6. A PERSOA USUARIA recoñece que a utilización da páxina web e dos seus contidos e servizos desenvólvese baixo a súa exclusiva responsabilidade. En concreto, a título simplemente enunciativo, A TITULAR non asume ningunha responsabilidade nos seguintes ámbitos:

A dispoñibilidade do funcionamento da páxina web, os seus servizos e contidos e a súa calidade ou interoperabilidade.
A finalidade para a que a páxina web sirva aos obxectivos da PERSOA USUARIA.
A infracción da lexislación vixente por parte da PERSOA USUARIA ou terceiros e, en concreto, dos dereitos de propiedade intelectual e industrial que sexan titularidade doutras persoas ou entidades.
A existencia de códigos maliciosos ou calquera outro elemento informático daniño que puidese causar o sistema informático da PERSOA USUARIA ou de terceir@s. Correspóndelle á PERSOA USUARIA, en todo caso, dispoñer de ferramentas axeitadas para a detección e a desinfección destes elementos.
O acceso fraudulento aos contidos ou servizos por tercei@s non autorizad@s, ou, de ser o caso, a captura, eliminación, alteración, modificación ou manipulación das mensaxes e comunicacións de calquera clase que es@s terceir@s puidesen realizar.
A exactitude, veracidade, actualidade e utilidade dos contidos e servizos ofrecidos e a utilización posterior que deles faga a PERSOA USUARIA. A TITULAR empregará todos os esforzos e medios razoables para facilitar a información actualizada e fidedigna.
Os danos producidos a equipos informáticos durante o acceso á páxina web e os danos producidos ás PERSOAS USUARIAS cando teñan a súa orixe en fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que interrompan o servizo.
Os danos ou perdas que se deriven de circunstancias acontecidas por caso fortuíto ou forza maior.
No caso de que existan foros, no uso destes ou doutros espazos análogos cómpre ter en conta que as mensaxes reflicten unicamente a opinión da PERSOA USUARIA que os remite, que é a única responsable. A TITULAR non se fai responsable do contido das mensaxes enviadas pola PERSOA USUARIA.

Modificación deste aviso legal e duración

7. A TITULAR resérvase o dereito de efectuar sen aviso previo as modificacións que considere oportunas no seu portal, e pode cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se ofrezan a través del, como o xeito no que estes aparezan representados ou localizados no seu portal.

A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

Ligazóns

8. No caso de que en www.QUEROCANTAR.GAL se incluísen ligazóns ou hipervínculos cara a outros sitios de Internet, A TITULAR non exercerá ningún tipo de control sobre estes sitios e contidos. En ningún caso A TITULAR asumirá responsabilidade ningunha polos contidos dalgunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidad técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera materia ou información contida en ningún destes hipervínculos e outros sitios en Internet. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

Dereitos de exclusión

9. A TITULAR resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao portal e/ou aos servizos ofrecidos sen necesidade de advertencia previa, por instancia propia ou dun/ha terceir@, a aquelas persoas usuarias que incumpran o contido deste aviso legal.

Xeneralidades

10. A TITULAR perseguirá o incumprimento destas condicións así como de calquera utilización indebida do seu portal, exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

Lexislación aplicable e xurisdición

11. A relación entre A TITULAR e A PERSOA USUARIA rexirase pola normativa española vixente. Todas as disputas e reclamacións derivadas deste aviso legal resolveranse polos xulgados e tribunais españois.