• Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas

Nas Redes

Últimas Novas

View

Sen ti. Pequenos Besbellos e Paco Cerdeira

28 Decembro, 2021

View

Desconcerto, por Noa

18 Decembro, 2021

View

Os Nenos da Vella presentan “A miña vida actual”

13 Decembro, 2021

View

Pasodobre de Sísamo, por Quenindiole e mais Xosé Lois Romero

29 Novembro, 2021

 
Quero Cantar
Certame de música infantil e xuvenil
  • Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas
Quero Cantar
  • Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas

Colaxe, de Laxe, gaña a primeira edición do certame

Colaxe, de Laxe, gaña a primeira edición do certame

Colaxe, de Laxe, é a banda gañadora da primeira edición do concurso de música infantil Quero Cantar, organizado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. “A iniciativa naceu para que nenas e nenos se botaran a cantar en galego e acompañar o extraordinario momento da música infantil na nosa lingua”, dixo a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín na gala final que se desenvolveu este martes no Teatro Colón da Coruña.

Leila Santos, Colaxe, Xente Miúda de San Orente, o Colexio Manuela Rial Mouzo e a Banda Batuke, do colexio das xesuitinas da Coruña, foron as cinco bandas protagonistas este martes día 28 da final da primeira edición de Quero Cantar, o concurso de música infantil que convoca a área de Cultura da Deputación da Coruña. Os grupos chegaron a esta cita logo de superaren dúas fases onde deberon someterse ás valoracións dun xurado de artistas profesionais e tamén ao gusto do gran público a través dunha votación nas redes sociais.

“O máis relevante é que o “Quero Cantar” fixo que nenos e nenas cantaran na nosa lingua. Vivimos un momento excepcional para a música infantil en galego mais é preciso aínda animar ás crianzas a que se boten a cantar e ese era un dos obxectivos do concurso”, sinalou Goretti Sanmartín que defendeu na súa intervención o poder da canción como “unha maneira de transmitir a nosa lingua, de usala e de contaxiala”.

Para todas elas era unha cita moi especial, desbordante de emoción, alegría e tamén algúns nervios. Unha circunstancia que non obstante salvaron todas con notable bo facer e, deste xeito, a final converteuse nunha verdadeira festa que fixo as delicias dun Teatro Colón ateigado de grandes e crianzas. Conducida pola actriz Isabel Risco, a gala contou tamén coa participación dun dos estandartes da música infantil en Galiza, Pablo Díaz e a súa banda Tic-tac-toc, que se encargaron de abrir e pechar a tarde e de arroupar a rapazada no emotivo momento da lectura do veredicto.

A oportunidade de actuar nun escenario como o do Teatro Colón, a carón de artistas consagrados e cun amplo público, foi para os grupos participantes, unha recompensa para o traballo realizado na participación no concurso que comezou no momento en que decidiron compoñer unha canción para presentarse ao Quero Cantar.

“Durme Elsiña”, de Colaxe

Finalmente, o xurado formado por cinco nenas e nenos de diferentes etapas de educación primaria decidiu que a vencedora sexa a banda Colaxe, de Laxe. Para el vai o primeiro premio, que consiste na gravación dun videoclip e en 300 € para a compra de material musical. Colaxe é un grupo formado na vila de Laxe por catro compoñentes e que ten unha salientable vocación didáctica xa que adoitan facer actuacións para público familiar nos que a interactuación cos asistentes cobra sempre un papel especial. O guitarrista, Fernando, compuxo o arrolo Durme, Elsiña para lle cantar á súa filla Elsa cando esta era pequena. Agora Elsa ten sete anos e é ela mesma quen o interpreta para presentarse ao Quero Cantar.

Os restantes catro finalistas tamén reciben cadansúa cantidade para a compra de material. Ademais, estas cinco cancións finalistas, xunto con outras cinco cancións que as acompañaban na fase previa, pasan a formar parte do disco Quero Cantar 2016, que a Deputación da Coruña vai editar e distribuír entre colexios públicos de toda Galicia e que tamén se poderá descargar de balde desde a páxina web www.querocantar.gal.

O nome do concurso, Quero Cantar, está tirado dunha coñecida copla popular que recolle ben o espírito do que pretende ser esta iniciativa, na que prima a creatividade e onde se reivindica o gusto pola música e o canto. Ese espírito foi o que se viu reflectido sobre o palco do Colón cando, no remate da gala, tras a lectura do veredicto, todas as bandas interpretaron xuntas o retrouso dese Quero cantar que xa se converteu en sintonía oficial do certame.

Comparte

Anterior

Achégase a gala final!

In Quero Cantar 2016

Achégase a gala final!

Ver

Seguinte

Volve o Quero Cantar!!

En Quero Cantar 2017

Volve o Quero Cantar!!

Ver

Quero Cantar

Política de Cookies - Política de Privacidade

Para cumplir coa normativa europea, informamos que esta web utiliza cookies.
Pode consultar tanto as cookies que usamos como a nosa política de privacidade na nosa Política de Privacidade e Política de Cookies
Acepto Non Acepto
Privacy & Cookies Policy