O BOP do 24 de abril publicaba as bases para a terceira edición do Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar, que xa podes consultar tamén no apartado correspondente desta páxina. Canda elas, publicábanse ademais as bases doutras nove convocatorias coas que a Deputación da Coruña busca fomentar a creación artística en eidos como a fotografía, as artes gráficas ou a literatura.
Máis boas cás patacas anímanvos a participar no Quero Cantar
A banda de Teo Máis boas cás patacas, gañadora da pasada edición na categoría xuvenil, expón brevemente neste pequeno vídeo os motivos polos que participar neste certame. Botádelle un ollo.
Mensaxe das Máis boas cás patacas
Onte era a mestra e hoxe son as alumnas quen nos falan da súa experiencia no Quero Cantar. Facédelles caso!!
Gepostet von Quero cantar am Dienstag, 22. Mai 2018
Como sabedes, o desenlace de cada edición do Quero Cantar desenvólvese nunha gala en directo no teatro Colón da Coruña. Na pasada edición participaron a banda xuvenil Máis boas cás patacas e as infantís As estrela dos rock, Os nenos da vella e Quenindiole, acompañados dunha banda emblemática como é Mamá Cabra.
Imos ir deixando por aquí fragmentos desa gala e empezamos hoxe coa actuación dos Quenindiole, a banda de música tradicional formada por rapazas e rapaces de Ferrolterra acumula xa unha ampla experiencia a pesar da súa reducida media de idade, e esta experiencia quedou ben patente na súa interpretación de Vinde bailare, o primeiro tema que compuxeron eles mesmos e co que se presentaron ao Quero Cantar 17.
Non vos prestaría a vós estar no seu lugar? Pois xa sabedes, a preparar un tema e presentarse ao Quero Cantar 18.
Quenindiole na gala final do Quero Cantar, no Teatro Colón
Precisades máis motivos? Que vos parece tocar no Teatro Colón?Esta rapazada que ides ver son os Quenindiole, interpretando o seu tema "Vinde bailare" o ano pasado durante a gala final. Este grupo de nenas e nenos de Ferrolterra xa son presente, e tamén futuro, da nosa música tradicional. (Por certo, están esperando a que os chamen para tocar onde faga falta)
Gepostet von Quero cantar am Donnerstag, 24. Mai 2018