• Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas

Nas Redes

Últimas Novas

View

Convocada a sexta edición do Quero Cantar

15 Decembro, 2022

View

Videoclip de “Nós”

2 Novembro, 2022

View

Videoclip de “Caixa de cartón”

22 Outubro, 2022

View

Sen ti. Pequenos Besbellos e Paco Cerdeira

28 Decembro, 2021

 
Quero Cantar
Certame de música infantil e xuvenil
  • Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas
Quero Cantar
  • Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas

Dez cancións pasan á segunda fase do concurso Quero Cantar

Dez cancións pasan á segunda fase do concurso Quero Cantar

Uxía, Ugia Pedreira, Lydia Botana, Alba María e Tomi López –do grupo Mamá Cabra- foron as artistas encargadas de seleccionar as cancións que continúan na segunda fase do Quero Cantar, o concurso musical infantil convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña.
Nunha reunión que tivo lugar o pasado venres e que contou coa presenza da responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín –sen voto- as creadoras valoraron as 17 cancións admitidas na primeira fase e seleccionaron 10 delas, atendendo a criterios como a calidade musical e literaria dos temas ou a súa adecuación ao público infantil. As cancións que continúan andaina nesta primeira convocatoria do certame son:

  • Escola, de Xente Miúda de San Orente (Serra de Outes)
  • Eu vivo, dos bananas (A Coruña)
  • A árbore tropical, de Leila Santos (Porto do Son)
  • Soños, do grupo da Escola Manuela Rial Mouzo (Cee)
  • Antón, de Proxecto Nordés (Cee)
  • Durme, Elsiña, de Colaxe (Laxe)
  • Queremos cantar, do grupo Cantadeiras, do Ceip Camiño Inglés (Oroso)
  • Imos ver, do grupo Canta con nós (Ferrol)
  • Samaín, da Banda batuke do Colexio fillas de Xesús (A Coruña)
  • Miña terra galega, de Aarón e Miriam (Culleredo)

“Poñer a nenas e nenos a cantar na nosa lingua foi xa un dos obxectivos desta primeira fase que procura animar a crear en galego a través da música”, explicou a vicepresidenta e responsábel da área da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín para quen a iniciativa, “acompaña un momento especialmente vizoso na música en galego destinada a infancia, do que son proba as participantes neste xurado de excepción”.

Votación na rede para a nova fase a partir do 23

Estas dez agrupacións acceden xa ao primeiro dos premios que concede o concurso, a gravación en estudio e a posterior edición conxunta nun disco que se ha distribuír entre centros educativos públicos de toda Galicia. Mais o concurso continúa e o vindeiro luns, día 23, dá comezo a segunda fase, unha votación aberta ao público na páxina en Facebook de Quero Cantar, cuxo propósito é escoller as cinco cancións que no vindeiro mes de xuño han participar na gala final do Teatro Colón da cidade da Coruña. Alí, ante o público e ante un xurado formado por cinco nenas e nenos de diversas etapas de educación primaria, os cinco finalistas deberán interpretar en directo as súas cancións, para que se decida así a proposta gañadora absoluta do Quero Cantar 2016. O premio para esta proposta gañadora consiste na gravación dun videoclip e en 300 euros para a compra de material musical.
Tanto as cancións seleccionadas como o resto das presentadas continúan dispoñibles ao público na páxina www.querocantar.gal

AQUÍ pode descargarse a resolución nº 2016/11409, do 18 de maio de 2016, pola que se aprobou a selección dos grupos presentados e se dispuxo o seu pase á segunda fase.

Comparte

Anterior

Quero Cantar 2016

In Quero Cantar 2016

Quero Cantar 2016

Ver

Seguinte

Comeza a votación popular!

En Quero Cantar 2016

Comeza a votación popular!

Ver

Quero Cantar

Política de Cookies - Política de Privacidade

Para cumplir coa normativa europea, informamos que esta web utiliza cookies.
Pode consultar tanto as cookies que usamos como a nosa política de privacidade na nosa Política de Privacidade e Política de Cookies
Acepto Non Acepto
Privacy & Cookies Policy