Letras

A peor xogada

Jose Carballido, do grupo A música das baleas (Ceip de Caión)

 

Imos rematar coas guerras no mundo, la, la, la…

Levemos a paz a todos os recunchos, la, la, la…

Non queremos máis loitas no mundo la, la, la…

Podemos facelo se teimamos todos xuntos la, la, la…

 

Non hai nada que non se poida arranxar coa palabra axeitada,

a violencia non é a miña opción, sempre é a peor xogada. (x2)

 

Hai que sementar paz e non xenreira la, la, la….

Imos repartir sorrisos pola Terra la, la, la….

Non queremos ver máis xente sufrindo la, la, la…

marchando dos seus lares das bombas fuxindo la, la, la….

 

Non hai nada que non se poida arranxar coa palabra axeitada

A violencia non é a miña opción, sempre é a peor xogada. (x2)

 

(con palmas)

Non hai nada que non se poida arranxar coa palabra axeitada

A violencia non é a miña opción, sempre é a peor xogada.

 

(volven instrumentos)

Non hai nada que non se poida arranxar coa palabra axeitada.

A violencia non é a miña opción, sempre é a peor xogada.


Panchita blues

Víctor García Pose, do grupo Rap-osiños (Escola municipal de música de Laxe)

Panchita… era unha linda raposiña.

Panchita…. que viña comer da man.

Saía nas noticias,

en todos os xornais, que guai!

 

A Panchita… non lle gustaban as salchichas.

Panchita… era máis de bacallau.

Sempre con apetito, deixándose acariñar.

 

Panchita… din que roubaron o coello.

Panchita… que lle trincaron humanos e cans.

E non serías ti? Comentan por aí os alleos.

Panchita… morreu cruzando a carretera.

Panchita… funa enterrar á baleeira.

Tres noites sen durmir

canseime de chorar por ela.

Panchita, levaba unha perdiz

embaixo do nariz,

soñando cun festín na leira do Luís.

Pasou un camión

e non puido nin mover o rabo.


Pintarei

Baroubanda (Ceip A Barouta)

Pintarei de cor

desde o sol

ao arco da vella,

onde nacen as flores

cheas de cores

da primavera.

 

Eu pintarei

Eu pintarei

Eu pintarei

o que eu queira.

 

Pintarei de verde

os bosques

e a terra queimada.

Borrarei o lume

e todo o fume

das nosas montañas.

 

Eu pintarei

Eu pintarei

Eu pintarei

o que eu queira.


Dimo á cara

Noa de Blas Sánchez, do grupo En-Brión-S (Escola municipal de música de Brión)

 

Hoxe escoitei

ás miñas costas

rumores falsos

sobre min.

 

Teño un problema;

ninguén quere estar comigo,

sempre quedo soa.

Non teño ningún amigo;

teño que dicirlles algo

porque xa estou farta. (bis)

 

Dimo á cara

non utilices Instagram.

Dimo á cara

non utilices as redes sociais.

Dimo á cara

non utilices o Whatsapp

non utilices o Facebook.

 

Chego ao cole

pola mañá

e téñoos diante.

Ao principio sentín medo,

despois tristeza

logo vergoña e ao final rabia.

Achegueime a eles,

pasiño a pasiño,

respirei forte.

E berrei,

berrei forte

ata que cansei.

 

Dimo á cara

non utilices Instagram.

Dimo á cara

non utilices as redes sociais.

Dimo á cara

non utilices o Whatsapp

non utilices o Facebook.

 

Agora síntome mellor,

estou liberada,

soltei cadeas que aos pés tiña atadas.

 

Síntome forte

e preparada.

Agora sei que eles foron os covardes.

 

Dimo á cara

non utilices Instagram.

Dimo á cara

non utilices as redes sociais.

Dimo á cara

non utilices o Whatsapp

non utilices o Facebook.


Hei ver o mar

As 8 notas (Ceip A Maía)

 

Papa, papa, parapá

papa, parapá (x2)

Hei ver o mar,

o cole acabará,

a guitarra tocarei,

na praia nadarei.

Durmir nun hotel

e pasalo moi ben,

mil xeados comerei

castelos eu farei.

Virán as vacacións,

con amigos é mellor.

Cando chegue o verán

hei ver o mar.

 

Papa, papa, parapá

papa, parapá (x2)

A Marrocos viaxarei,

en avión eu voarei.

Durmirei ata fartar,

non pararei de bailar.

Algún día volverei

á miña casa outra vez

mais deixádeme soñar

que chega o verán.

Virán as vacacións,

con amigos é mellor.

Cando chegue o verán

hei ver o mar.

Papa, papa, parapá

papa, parapá

Hei ver o mar.

Papa, papa, parapá

papa, parapá

Hei ver o mar.


A quen lle importa?

Laura Marín (Isma Kalo)

Teño medo, pero todos temos medo

teño morriña do mar, teño morriña do meu fogar.

Que se teño gustos raros, iso non serve para nada,

non teño nin idea de política,

non sei o que me pasa nin o que me ten que pasar.

Teus pais xa non andan xuntos, túa nai anda chorando,

túa avoa anda no campo, non ten nada no que pensar, nada…

A quen lle importa?

Se todos miramos para o mesmo caudal.

A quen lle importa?

Se todos os rapaces somos iguais.

A quen lle importa, o teu xénero, a túa identidade.

A quen lle importa?

Impórtame a min, a todos nós.

Lémbraste cando choramos coa voda de Nobita e Shizuka?

Eramos Takeshi e Suneo, roubando os cartos, a vida perfecta.

Somos feos, os marxinados e suspendemos bioloxía.

Bótasme de menos? Sei que estás mellor sen min.

A quen lle importa?

Se todos miramos para o mesmo caudal.

A quen lle importa?

Se todos os rapaces somos iguais.

A quen lle importa, o teu xénero, a túa identidade.

A quen lle importa?

Impórtame a min, a todos nós.

E vai e mórreche o cantante

ese que che inspiraba a ser moito máis grande.

E van e mórrenche as actrices,

buscando coma tolas un corpo imposible.

A quen lle importa?

Se todos miramos para o mesmo caudal.

A quen lle importa?

Se todos os rapaces somos iguais.

A quen lle importa, o teu xénero, a túa identidade.

A quen lle importa?

Impórtame a min, a todos nós.


Ondas do mar

Noa Guzmán

Estes versos son lembranzas

de verbas contraditorias

que foron tomando forza

para contarnos esta historia.

Tal vez unha historia de amor

ai, do vento, ai, do mar

daqueles que loitaron con todo

que deixaron atrás o seu fogar.

 

Unha nena xa non tan nena

a semente xa feita flor

que da ledicia dos seus soños

se tornara todo en dor.

Aqueles campos tan floridos

que foran perdendo a súa cor

nos que até o paxaro máis novo

piaba morto e sen amor.

 

Lembrareite nos meus soños,

buscareime nos teus ollos,

ficarei, ai, no teu mar

das ondiñas que veñen e van…

 

Corría entre os carballos,

entre pinos e sobreiras

seguindo fortes latexos,

seguindo emocións traizoeiras.

Buscaba un corazón perdido,

uns ollos que nunca a viran,

un monte afogado en tristezas,

a mirada que a revivira.

 

Chegou ao centro do lamento

á verdade, á realidade

a miseria de loitas e guerras

pero ao fondo viu claridade.

Era cálido, era agradable,

a calor dunha irmandade

alzou a vista, os seus ollos

lembrouno todo nese instante.

 

Frearei mil e un ventos

calmarei o teu lamento

seguirei o meu andar

sempre collida da túa man.

Este é o noso momento

prisioneiros tanto tempo

é a hora de nos armar

loitarei por ti, meu irmán.

 

Ondas do mar…

 

Estes versos son lembranzas

de verbas contraditorias

que foron unindo forzas

para cambiar a nosa historia.

Unha historia de moitos lugares

dos mil ventos, dos sete mares

daqueles que loitaron con todo…

 

Lembrareite nos meus soños,

buscareime nos teus ollos,

ficarei, ai, no teu mar

das ondiñas que veñen e van…


O porvir dunha ilusión

Mateo L. Veiga

A miña forma de vivir,

a miña forma de sentir,

unha ventá,

aberta xunto ao mar.

A miña ansia de voar

de vivir e de soñar,

nunca vou

desistir,

de compoñer unha canción

que lembre un vello amor,

a esperanza

de soñar.

Navegando nas estrelas

conquistei o teu corazón

o porvir dunha ilusión,

a ilusión dun porvir.

Navegando nas estrelas

conquistei o teu corazón

o porvir dunha ilusión,

a ilusión dun porvir.

 

Cantos soños por cumprir

que de historias que contar,

no horizonte,

moitas pezas que casar.

Amigos que coñecín,

experiencias sen igual,

moitas risas, cousas boas

que gardar.

Unha cara anxelical

Uns ollos aos que amar,

Sentimentos

que me van facer voar.

Navegando nas estrelas

conquistei o teu corazón

o porvir dunha ilusión,

a ilusión dun provir.

Navegando nas estrelas

conquistei o teu corazón

o porvir dunha ilusión,

a ilusión dun provir.

Navegando nas estrelas

conquistei o teu corazón

o porvir dunha ilusión,

a ilusión dun porvir.

Navegando nas estrelas

conquistei o teu corazón

o porvir dunha ilusión,

a ilusión dun porvir.


Batallas campais
Sofía Silva Carbajales

 

Por veces eu tiven cantado
cousas que mellor calar
e aínda que quixera contalo
será máis doado
volvelo agochar.

Se caio, caio dúas veces.
Se tropezo, tropezo dez,
pero aínda que batan os dentes,
aínda que boten pestes
mostrarei robustez.

No meu soño a liberación
non buscar unha aceptación,
ser fiel a como son
sen forzar unha boa impresión
e non ter medo xamais
do que digan os demais
e ao querer falar
non armar batallas campais.

Non é unha cousa sinxela
o tema da timidez,
vivir perseguindo unha arela
para por zazamela
quedar nun talvez.

Pero a pesar de todo
a forma hei de atopar
para contar ao meu modo
sen présa e amodo
o meu novo trobar.

No meu soño a liberación
non buscar unha aceptación,
ser fiel a como son
sen forzar unha boa impresión
e non ter medo xamais
do que digan os demais
e ao querer falar
non armar batallas campais.

Nun rincón da imaxinación
canto eu a miña canción
non hai preocupación [podo ser eu].
Nun rincón da imaxinación
canto eu a miña canción
non hai preocupación [podo ser].

No meu soño a liberación
non buscar unha aceptación,
ser fiel a como son
sen forzar unha boa impresión
e non ter medo xamais
do que digan os demais
e ao querer falar
non armar batallas campais.

Batallas Campais_partitura


Terra doente

E-27, grupo do Ies A Paralaia

Os bosques xa non están,

o mar xa chegou

até as nosas casas.

No inverno imos en bañador

cun sol cegador.

Mimá que calor!

Imos cara á extinción,

morte e destrución

da túa forma de vida.

E nós deitados no sillón

ignorando o terror.

Mimá que calor!

 

Onte fomos pescar

un peixe tropical;

tivemos que bogar

até o mar boreal.

Os polos están

derreténdose xa.

Debemos escapar

desta calor infernal.

 Non hai cambio climático.

Non hai, non hai cambio climático! (x4)

Imos botarlle man,

todo pode cambiar.

Somos a xeración

que trae a revolución.

 

Xa non fica ninguén;

queremos ter todo,

isto non se mantén.

Xa ninguén vai amodo.