• Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas

Nas Redes

Últimas Novas

View

Convocada a novena edición do concurso

12 Marzo, 2026

View

Emma & Candela e Gael Ares achegan as propostas vencedoras do concurso ‘Quero Cantar’ 2025

6 Abril, 2025

View

O concurso ‘Quero Cantar’ 2025 decidirá gañadores/as na Gala do Teatro Colón o domingo 6 de abril

4 Abril, 2025

View

“Mellor sen ti”, de Daniela Montes

3 Abril, 2025

 
Quero Cantar
Certame de música infantil e xuvenil
  • Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas
Quero Cantar
  • Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas

“Noite de esmorga”: presentado o videoclip do grupo gañador na categoría xuvenil da 6ª edición

“Noite de esmorga”: presentado o videoclip do grupo gañador na categoría xuvenil da 6ª edición

“Noite de esmorga” é o videoclip de Temos Terras, presentado en Santiago de Compostela este venres 15 de marzo. Xa dispoñible no espazo en Youtube do #QueroCantar: https://www.youtube.com/watch?v=JzI74DBMHmU

Este venres desvelouse o resultado do traballo no estudio profesional do grupo gañador na categoría xuvenil da sexta edición do Concurso “Quero Cantar” organizado por Cultura da Deputación da Coruña. A formación gañadora, Temos Terras, coñecémola en abril de 2023 durante a gala celebrada no Teatro Colón da Coruña, e fora premiada coa gravación dun videoclip, ben da canción presentada ao concurso, ben da creada no programa formativo que incluía o galardón.

A peza, logo da súa presentación pública, está xa dispoñible na canle de Youtube do concurso:

Temos Terras é un dúo formado por Alejandra Saavedra (guitarra e voz), de Teo, e Lucas Arango (piano e voz), de Santiago de Compostela, ambos cunha ampla formación musical desde a infancia. Xuntáronse como dúo no instituto. Para o proceso de gravación do clip contaron co acompañamento e titoría da artista MJ Pérez.

A deputada de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, Natividad González Rodríguez, felicitou o talento e o traballo do dúo gañador canda a titora profesional que os acompañou neste desafío, MJ Pérez, e valorou a traxectoria e a consolidación do concurso #QueroCantar da Deputación da Coruña. Natividad González tamén animou os presentes a difundir a iniciativa, subliñou a oportunidade para o intercambio e a aprendizaxe que lle proporciona á mocidade e salientou o amor pola música que demostra o traballo realizado polo grupo Temos Terras.

Durante a conversa pública no evento de presentación do clip, MJ Pérez destacou o esforzo dos músicos gañadores e tamén o seu amplo coñecemento musical, inusual para a súa idade. A titora do grupo explicou que durante a estancia tratou de afondar con eles no que “querían cantar e o que querían transmitir coa súa música”. MJ Pérez tamén insistiu no extraordinario labor do Quero Cantar como experiencia musical consolidada xa na súa sétima edición entre a mocidade galega.

Pola súa banda, o dúo gañador agradeceu á organización do #QueroCantar e a MJ Pérez o seu apoio durante o proceso, lembrando que a titora, alén de guialos e aconsellalos na composición da peza, abriulles a fiestra a toda unha parte oculta do mundo da música cara ao futuro.

“Non é o mesmo tocar algo que xa está feito que tocar algo teu, que creaches desde cero”, analizou pola súa parte Alejandra Saavedra, lembrando que o #QueroCantar, a diferencia doutras experiencias musicais para os máis novos, estimula a creatividade das mozas e mozos animándoos a presentaren, como obriga segundo as bases, as súas propias creacións.

Comparte

No Comments

Leave a Comment

Anterior

Convocada a sétima edición…

In Quero Cantar 2024

Convocada a sétima edición do Quero Cantar

Ver

Seguinte

"Nunca deixes de soñar": presentado…

En Quero Cantar 22-23

"Nunca deixes de soñar": presentado o videoclip do grupo gañador na categoría infantil da 6ª edición

Ver

Quero Cantar

Aviso legal - Política de Privacidade

Para cumplir coa normativa europea, informamos que esta web utiliza cookies.
Pode consultar tanto as cookies que usamos como a nosa política de privacidade na nosa Política de Privacidade e Política de Cookies
Acepto Non Acepto
Privacy & Cookies Policy