• Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas

Nas Redes

Últimas Novas

View

Noxem e Tentáculo Rock son os grupos gañadores do concurso ‘Quero Cantar’ 2026

12 Abril, 2026

View

O concurso ‘Quero Cantar’ 2026 escolle grupo gañador na Gala do Teatro Colón o domingo 12 de abril

8 Abril, 2026

View

IX GALA FINAL

1 Abril, 2026

View

O concurso ‘Quero Cantar’ 2026 fai públicos os grupos que actuarán na final da IX edición

30 Marzo, 2026

 
Quero Cantar
Certame de música infantil e xuvenil
  • Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas
Quero Cantar
  • Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas

O concurso ‘Quero Cantar’ 2026 fai públicos os grupos que actuarán na final da IX edición

O concurso ‘Quero Cantar’ 2026 fai públicos  os grupos que actuarán na final da IX edición

• Na modalidade infantil resultaron finalistas O Mar dos Sentimentos, do CEIP de Caión (A Laracha); Tentáculo Rock, de Ames e Libres, do CEIP Irmáns Villar (Ourense).

• Na modalidade xuvenil resultaron finalistas Son da Lúa, de Cangas do Morrazo; Tha Filez, de Santiago de Compostela e Noxem, de Vigo

• A gala final do certame organizado pola área de Cultura da Deputación da Coruña, celebrarase o domingo 12 de abril, ás 18:00 horas, no Teatro Colón da Coruña.

 

A novena edición do concurso de música infantil e xuvenil ‘Quero Cantar’ da Deputación da Coruña fai pública a selección de propostas finalistas neste 2026. Logo de que o xurado profesional fixese a selección sobre as gravacións recibidas, as formación escollidas terán en breve a oportunidade de amosar o seu bo facer no escenario, defendendo as súas pezas en directo na gala final que, como cada ano, acolle o Teatro Colón da Coruña. Nesta ocasión, a cita será o domingo 12 de abril, ás 18:00 horas e con entrada de balde (previa retirada de convite na web do Teatro Colón (a través da plataforma www.ataquilla.com).

A gala estará presentada pola actriz e contadora Soledad Felloza e, alén das actuacións dos grupos que chegan á final, contará tamén sobre o escenario co dúo gañador na categoría xuvenil do Quero Cantar na anterior edición, Emma & Candela.

As finalistas desta IX edición do ‘Quero Cantar’ foron elixidas por un xurado composto por persoas vinculadas profesionalmente ao mundo da música. Nesta edición 2026, a sempre complexa decisión foi responsabilidade de:

  • MJ Pérez: Cantante, compositora e artista audiovisual, foi Premio Martín Códax da Música Galega en 2021, na categoría de Canción de Autor. Suma xa cinco álbums, o último deles neste mesmo 2026, que acaba de presentar: Je tiens bon, cunha ampla fusión de estilos que combina canción de autora, pop, rock, música de raíz, ritmos latinos e brasileiros.
  • Carmen Rey: Cantante e docente musical, a súa traxectoria inclúe a participación nas bandas de Xosé Manuel Budiño e Nani García. Mais tamén mantén diversos proxectos vocais en activo nos eidos do jazz, soul, R&B ou funk, como é o caso do cuarteto Ejazz ou o coro Sisters in the House.
  • Pakolas: Gañador do XIV Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña, este músico, compositor e produtor comezou sendo membro do grupo Mamá Cabra e formou despois a banda de música infantil A Gramola Gominola. Tamén forma parte de Zënzar.
  • Ángeles Dorrío: Cantante, compositora e docente no eido da música, acumula unha longa traxectoria fundamentalmente nos eidos do jazz, soul, R&B e funk.
  • Fran Barcia: Músico e docente, destaca a súa traxectoria como acordeonista e o seu labor dinamizador que deu en eventos como a interxeracional Xuntanza de Acordeóns de Arume. Formou parte do grupo Samarúas e actualmente integra a banda de Xosé Manuel Budiño.

O xurado estivo presidido pola deputada de Cultura, Natividad González Rodríguez, actuando como secretaria a xefa da área de Cultura da Deputación da Coruña, Manuela Muñiz. Tamén estivo presente, sen voz e sen voto, o comisario do concurso, Tono Formoso. Organización e xurado destacaron a consolidación do certame e subliñaron a orixinalidade e creatividade das pezas presentadas en ambas as dúas categorías.

Lembramos que o ‘Quero Cantar’ contempla dúas modalidades: infantil (ata 12 anos con presenza dunha persoa adulta), e xuvenil (de 13 a 16 anos). Na gala final, o xurado estará integrado por nenos e nenas e por mozos e mozas do mesmo abano de idade que as bandas seleccionadas para a final.

Finalistas na categoría infantil

Na modalidade infantil resultaron finalistas os grupos O Mar dos Sentimentos, do CEIP de Caión (A Laracha); Tentáculo Rock, de Ames; e Libres, do CEIP Irmáns Villar (Ourense).

  • O Mar dos Sentimentos (CEIP de Caión)

Canción: Nada pode pararme

Co alento do músico e docente Jose Carballido, esta escola demostrou ser unha vizosa canteira para o certame e ata case medio cento de nenos e nenas participaron no casting previo do colexio para integrar o grupo, que finalmente conta com once integrantes. A canción compúxose especialmente para o proxecto de educación emocional que desenvolve o centro educativo e na súa mensaxe, “quere animar ao alumnado a reflexionar sobre as emocións, a confianza nun mesmo e a importancia de non renderse ante as dificultades”.

  • Tentáculo Rock (Ames)

Canción: Vou a cento vinte

Foi na altura de 2017 e na escola unitaria A Igrexa de Ortoño, en Ames, cando se coñeceron tres dos catro integrantes do grupo: Carlos Nieto (voz, batería e piano), Leo Figueiras (guitarra) e Lois García (baixo). Como “TríoR” explotaron as súas temperás inquedanzas artísticas sorprendendo o público en canta celebración escolar puideron participar. En 2025 o proxecto transfórmase coa entrada na banda de Martiño Ramos (voz e batería), virando a Tentáculo Rock. No medio da súa formación en diversas disciplinas, atopan tempo para, cada xoves pola tarde, ensaiar e idear novas composicións orixinais.

  • Libres (CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense)

Canción: Quero brillar coma ti

Libres xa conseguira acceder á final na edición anterior. É un grupo formado por alumnado de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense, que se xuntan na aula de música do profesor Anxo Fernández. Nesta ocasión traen a peza “Quero brillar coma ti”, na que a lingua galega convértese “nunha persoa á que botas de menos, como alguén importante que non ves tanto como che gustaría”. A través desta idea, o grupo quere transmitir cariño, alegría e tamén un pequeno toque de esperanza: a de volver atoparse, coidar e facer brillar o noso idioma.

Finalistas na categoría xuvenil

Na modalidade xuvenil resultaron finalistas os grupos Son da Lúa, de Cangas do Morrazo; Tha Filez, de Santiago de Compostela e Noxem, de Vigo.

  • Son da Lúa (Cangas do Morrazo)

Canción: O meu mozo virtual

O grupo nace en 2025, no contexto do conservatorio de Cangas do Morrazo, onde un grupo de alumnos de 3º de Profesional: Paula Costa, Hugo Rial, Laura Alfonso e Martín Jaramillo. Como este último xa participara anteriormente no certame, xorde a idea de compoñer unha peza para esta edición. Ao longo do curso van pulindo o tema, e no segundo trimestre afondan na parte máis instrumental, sempre en equipo e en estreita colaboración.

  • Tha Filez (Santiago de Compostela)

Canción: Rebelión

Comezaron tocando versións de clásicos e agora afondan na composición propia. Cualifican a peza proposta como grunge rock reinvindicativo “no que mostramos un anaco da actualidade que nos está tocando vivir”. “Falamos sobre o odio que moita xente usa constantemente como resposta a todo, sobre a falta de coñecemento histórico e xeral, sobre a aprobación dos medios cara a reximes xenocidas e xenófobos que están completamente en contra dos dereitos humanos… Nela, reclamamos un mundo con igualdade de condicións e dereitos, sexas migrante, muller, home, gai, musulmán, católico ou o que queira que sexas.”.

  • Noxem (Vigo)

Canción: Esperta

Daquela co nome de Wildfire, foron xa finalistas na edición anterior. O grupo está formado por catro rapazas de 15 e 16 anos: Uxía García á voz, Nora Lora á guitarra, Uxía Romero na batería e Maya Sáez no teclado. O grupo formouse no IES Alexandre Boveda, no que cursan 4º da ESO. O seu estilo é rock, máis con trazos propios que tocan paus do metal, pop, punk ou grunge. Con esta canción queren reflectir o sentimento de non atoparse ben con elas mesmas por algo ou alguén que non deixa “espertar” e ser un mesmo completamente. Tamén tratan temas como “a vergoña propia, o arrepentimento ou a dor de non ser suficientes para alguén que non as aprecia”.

O grupo convidado é Emma & Candela, gañadoras da edición 2025 na categoría xuvenil. Trátase dun dúo formado por Emma Pérez e Candela Caamaño, alumnas da Escola Municipal de Música de Ames, que compuxeron a súa propia canción dentro das clases colectivas baixo o lema “Escribe as túas propias cancións”. Desde o primeiro momento, amosaron unha gran paixón pola música e unha motivación excepcional para crear algo propio. A peza, coa que resultaron vencedoras, ‘Preto de ti’, reflicte a súa visión artística e evolución musical.

Recordamos que a asistencia á gala final será de balde, previa retirada de convite na web do Teatro Colón (a través da plataforma www.ataquilla.com).

 

Comparte

No Comments

Leave a Comment

Anterior

Peneirando as propostas recibidas!

In Quero Cantar 2026

Peneirando as propostas recibidas!

Ver

Seguinte

IX GALA FINAL

En Quero Cantar 2026

IX GALA FINAL

Ver

Quero Cantar

Aviso legal - Política de Privacidade

Para cumplir coa normativa europea, informamos que esta web utiliza cookies.
Pode consultar tanto as cookies que usamos como a nosa política de privacidade na nosa Política de Privacidade e Política de Cookies
Acepto Non Acepto
Privacy & Cookies Policy