• Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas

Nas Redes

Últimas Novas

View

Sen ti. Pequenos Besbellos e Paco Cerdeira

28 Decembro, 2021

View

Desconcerto, por Noa

18 Decembro, 2021

View

Os Nenos da Vella presentan “A miña vida actual”

13 Decembro, 2021

View

Pasodobre de Sísamo, por Quenindiole e mais Xosé Lois Romero

29 Novembro, 2021

 
Quero Cantar
Certame de música infantil e xuvenil
  • Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas
Quero Cantar
  • Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas

Resultado da segunda fase do concurso Quero cantar

Resultado da segunda fase do concurso Quero cantar

30 de Maio de 2016 – Finalizada a votación popular, cinco son as bandas finalistas que pasarán á gala final da primeira edición do certame de canción infantil Quero Cantar, promovido pola área de Cultura da Deputación da Coruña. Laxe, Cee, Serra de Outes, a Coruña e Porto do Son son as localidades das bandas finalistas.

O domingo ás oito da tarde remataba o prazo para votar a través da rede social Facebook e o resultado da consulta popular deu xa as cancións e as bandas que participarán na gala final do certame Quero Cantar, que ha ter lugar no Teatro Colón da Coruña o vindeiro mes de xuño. O público puido escoitar e escoller entre os dez temas que superaron a primeira fase e cos seus Gústame decidiu que as bandas finalistas fosen:

-Colaxe, de Laxe, coa canción Durme, Elsiña
-Grupo do Colexio Manuela Rial Mouzo, de Cee, coa canción Soños
-Xente miúda de San Orente, da Serra de Outes, coa canción Escola
-Banda batuke do Colexio das Xesuitinas, da Coruña, coa canción Samaín
-Leila Santos, do Porto do Son, coa canción A árbore tropical

Serán as cinco bandas finalistas da primeira edición do certame, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña co obxectivo de impulsar a creación poética e musical en galego entre a rapazada. Ao certame presentáronse 18 propostas, enviadas todas desde diferentes puntos da Coruña, coa excepción dun tema composto por un grupo de Chantada.

“Trátase dunha primeira experiencia que tiña como obxectivo poñer a cantar a nenos e nenas na nosa lingua nun momento de especial relevancia para a música en galego para o público infantil. Quixemos que as crianzas fosen cómplices e protagonistas no certame ao que lle queda aínda unha terceira fase que será a gala que se está a preparar con moito entusiasmo”, explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei.

De entre todas as cancións recibidas, un xurado formado por músicas e cantantes con experiencia no ámbito da música infantil encargouse de seleccionar estas dez que agora se sometían á votación pública na páxina Facebook do concurso.

As dez cancións que superaron a selección do xurado profesional conseguiron xa o primeiro dos premios, que é a súa gravación profesional e a inclusión nun CD que ha ser distribuído por colexios públicos de toda Galiza, ao tempo que ha poder ser descargado de balde desde a páxina www.querocantar.gal , onde agora mesmo se poden escoitar tamén todas as maquetas e vídeos recibidos inicialmente.

AQUÍ pode descargarse o comunicado da Deputación.

Comparte

Anterior

Comeza a votación popular!

In Quero Cantar 2016

Comeza a votación popular!

Ver

Seguinte

Achégase a gala final!

En Quero Cantar 2016

Achégase a gala final!

Ver

Quero Cantar

Política de Cookies - Política de Privacidade

Para cumplir coa normativa europea, informamos que esta web utiliza cookies.
Pode consultar tanto as cookies que usamos como a nosa política de privacidade na nosa Política de Privacidade e Política de Cookies
Acepto Non Acepto
Privacy & Cookies Policy