• Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas

Nas Redes

Últimas Novas

View

Emma & Candela e Gael Ares achegan as propostas vencedoras do concurso ‘Quero Cantar’ 2025

6 Abril, 2025

View

O concurso ‘Quero Cantar’ 2025 decidirá gañadores/as na Gala do Teatro Colón o domingo 6 de abril

4 Abril, 2025

View

“Mellor sen ti”, de Daniela Montes

3 Abril, 2025

View

“Estaría ben”, de HUSH – Videoclip dos gañadores na categoría Infantil do Quero Cantar 2024

1 Abril, 2025

 
Quero Cantar
Certame de música infantil e xuvenil
  • Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas
Quero Cantar
  • Inicio
  • Participantes
    • 2018
    • 2017
    • 2016
  • Bases
  • Letras
  • Descargas

“Nunca deixes de soñar”: presentado o videoclip do grupo gañador na categoría infantil da 6ª edición

“Nunca deixes de soñar”: presentado o videoclip do grupo gañador na categoría infantil da 6ª edición

“Nunca deixes de soñar” é o videoclip de O Ritmo dos Soños, presentado en Caión este sábado 16 de marzo. Estará dispoñible no espazo en Youtube do #QueroCantar: https://www.youtube.com/@querocantar8892

Este sábado fíxose público o resultado do traballo no estudio profesional do grupo gañador na categoría infantil da sexta edición do Concurso “Quero Cantar” organizado por Cultura da Deputación da Coruña. A formación gañadora, O Ritmo dos Soños, coñecémola en abril de 2023 durante a gala celebrada no Teatro Colón da Coruña, e fora premiada coa gravación dun videoclip da canción presentada ao concurso.

A peza, logo da súa presentación pública, estará en breve dispoñible na canle de Youtube do concurso: https://www.youtube.com/@querocantar8892

O Ritmo dos soños é unha formación que nace dentro do coro do CEIP de Caión co obxectivo de se presentar precisamente ao concurso Quero cantar. A banda está formada por alumnado de segundo, terceiro, quinto e sexto de primaria, máis o profesor de música do centro, Jose Carballido.

Durante a conversa pública no evento de presentación do clip, o coordinador do evento, Tono Formoso, felicitou a banda gañadora e recordou a longa traxectoria deste centro educativo de Caión no concurso, onde acumula varias edicións participando e non é xa a primeira edición na que resulta gañadora unha proposta co alumnado deste centro como protagonista e da man de Jose Carballido, mestre de educación musical da escola.

Familias do alumnado participante e veciñanza da localidade encheu o Auditorio do Centro Sociocultural A Balea para arroupar os gañadores e asistir á actuación en directo dos rapaces e rapazas, que interpretaron dúas pezas, unha tradicional da propia vila e a peza coa que O Ritmo dos Soños gañou o certame na súa pasada edición.

O propio Carballido comentou para a audiencia a súa satisfacción coa implicación das nenas e nenos da escola, gabando o esforzo realizado e o talento demostrado polo seu alumnado. “Foi marabilloso descubrir o concurso Quero Cantar, porque a miña concepción do ensino musical sempre foi a dun ensino práctico: cantamos, tocamos, bailamos. E unha vez que preparas todo iso é xenial poder presentalo nun lugar”, engadiu.

As nenas e nenos integrantes do grupo contaron para o público as motivacións que os levaron a presentárense voluntarios para participar na aventura do Quero Cantar e relataron a súa fascinación sobre todo polo proceso de gravación do videoclip. Un traballo que, malia o esforzo e a intensidade que lles requiriu, permitiulles coñecer un chisco máis do que hai por tras dos escenarios no mundo da música e reafirmar en moitos casos a súa vontade de se seguir no futuro vencellados á música.

Comparte

No Comments

Leave a Comment

Anterior

“Noite de esmorga”: presentado…

In Quero Cantar 22-23

“Noite de esmorga”: presentado o videoclip do grupo gañador na categoría xuvenil da 6ª edición

Ver

Seguinte

O concurso ‘Quero Cantar’ fai…

En Quero Cantar 2024

O concurso ‘Quero Cantar’ fai públicos os grupos e solistas que actuarán na final na Gala do Teatro Colón o 20 de abril

Ver

Quero Cantar

Aviso legal - Política de Privacidade

Para cumplir coa normativa europea, informamos que esta web utiliza cookies.
Pode consultar tanto as cookies que usamos como a nosa política de privacidade na nosa Política de Privacidade e Política de Cookies
Acepto Non Acepto
Privacy & Cookies Policy